Saltar ao contido principal

ACTA REUNIÓN DE ADEGA

 



Achego pola presente o resumo de acordos adoptados na reunión de hoxe, 13 de abril de 2026, da Coordinadora Eólica Así Non, en vista dos cambios que se están a executar na Sala do contencioso-administrativo do TSXG, tanto no relativo ao traslado de maxistrados da Sección Terceira, como no cambio de competencias das Sección en contra das actuais normas de reparto de competencias:

1.- Trasladar ás entidades e colectivos membros da Coordinadora, para a súa valoración, modelos de escritos de queixa a presentar diante da Presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), e diante do Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pola vulneración dos dereitos dos colectivos e entidades que teñen procedementos xudiciais en curso na Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.

Na seguinte ligazón podedes descargar os seguintes documentos:

-Escrito dirixido á presidencia do CXPX 

-Escrito dirixido á presidencia do TSXG

-Instrucións para a presentación de ambos escritos

Ligazón de descargas: https://drive.google.com/drive/folders/1gZ6bg1hoV_ncEofDywB6Yfl6poUBCi5u?usp=sharing 

2.- Establecer como data límite para a presentación destes escritos o vindeiro martes 21 de abril.

En caso de que houbese algunha dúbida sobre o contido do escrito, rogamos o indiquedes a través deste fío de correo ou enviando un mail a organizacion@adega.gal

3.- Informar á coordinadora unha vez se teñan presentado os escritos.

Para levar conta das entidades que presentaron a queixa, sería conveniente que se informase por este fío de cando se teñan presentado as queixas.

4.- Próxima reunión da Coordinadora, prevista a comezos de maio.

Considérase necesario procurar reunírmonos a comezos de maio para valorar novas accións a desenvolver pola Coordinadora, en función da resposta que dean os órganos xudiciais aos que achegamos reclamación.

5.- Responder ás comunicacións do xulgado de cambio de ponente ou de composición da maxistratura da Sección.

Considérase fundamental que as entidades recorrentes, a través da súa equipa xurídica, presenten un escrito formal naqueles procedementos nos que se lles teña notificado o cambio de ponente ou de maxistrados da sección, reclamando a inaplicación dos cambios por vulneración dos dereitos á tutela efectiva e ao xuíz/xuiza predeterminado por lei.

Se tivérades algún problema coa descarga dos documentos, rogo remitades un correo a organizacion@adega.gal, e faréivolos chegar por outra vía.

Unha aperta e forza!

Belén Rodríguez

Coordinadora Eólica Así Non

_________________________

 
Belén Rodríguez Fernández
Secretaria Executiva
 
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
-Declarada de Utilidade Pública-