Saltar ao contido principal

25 de abril..12 hs ..Plaza de Armas



Manifiesto

Hoxe estamos aquí como colectivo cidadán composto por organizacións políticas e sociais, sindicatos e partidos políticos, pero sobre todo por cidadáns preocupados pola situación que está a vivir o pobo iraniano.

Como demócratas temos a obriga moral de alzar as nosas voces ante esta nova orde mundial que nos están a impoñer, coa escusa de liberar aos pobos da opresión. Nada pode xustificar os salvaxes bombardeos de EEUU e Israel co asasinato de centos de inocentes.

Dende aquí queremos mostrar todo o noso apoio ao pobo Iraniano.

Por todo isto:

MANIFESTAMOS; que rexeitamos rotundamente os ataques criminais executados polos gobernos e as súas forzas armadas tanto de EEUU como do Estado de Israel contra o pobo Iraniano.

Ataques que supoñen unha grave violación do Dereito e a legalidade Internacional.

MANIFESTAMOS; que ámbolos dous estados, coa súa actitude imperialista e xenocida, supoñen unha grave ameaza para a paz, non soamente na rexión, senón que son un perigo real para a paz mundial.

CONDENAMOS; os salvaxes ataques e bombardeos tanto dos EEUU como de Israel contra a poboación civil, levándose por diante milleiros de vidas de cidadáns inocentes.

MANIFESTAMOS; que é o pobo iraniano quen debe decidir o seu futuro sen inxerencias externas do imperialismo imperante.

Dende o colectivo cidadán de Ferrolterra facemos un chamamento ao conxunto da cidadanía, sindicatos, organizacións políticas, sociais e de todo tipo, a manifestar de forma clara e rotunda a condena sen paliativos destas agresións.

Facemos un chamamento a defender o Dereito internacional e traballar por unha paz xusta e duradeira en Oriente Medio, que necesariamente debe incluír un alto o fogo permanente.

EXIXIMOS:

-         O cese inmediato dos ataque a Irán por parte de EEUU e Israel.

-          O fin dos ataques e invasión ao Líbano, ao xenocidio en Gaza e á situación de apartheid que se está a sufrir en Cisxordania, das que son responsable o goberno e o exército de Israel, así como o recoñecemento dos dereitos do Pobo Palestino de acordo coa legalidade internacional.