Saltar ao contido principal

Persoas libres que se erguen pola liberación da Palestina:

 


         

gstggaliza@riseup.net

Archivos adjuntosmié, 11 feb, 10:33 (hace 1 día)
para


Persoas libres que se erguen pola liberación da Palestina:



Desde o Movemento Global para Gaza – Galiza, como delegación propia na
Asemblea Internacional da Flotilla Sumud Global, queremos compartir
convosco unha chamada histórica: o lanzamento da maior intervención
civil coordinada en apoio ao pobo palestino realizada até o de agora.



O 29 de marzo de 2026 partirán de maneira simultánea unha flotilla
marítima unificada e un convoi humanitario terrestre desde distintos
portos do Mediterráneo e países do Norte de África, coa finalidade de
chegar a Gaza, romper o bloqueo ilegal e garantir axuda vital á
poboación civil.



Esta acción reunirá persoas de máis de 100 países, cunha participación
estimada de preto de 3.000 persoas, conformando unha intervención
internacional coordinada, pacífica e non violenta. A flotilla sairá de
Barcelona, de portos en Italia, Tunisia e doutros puntos do
Mediterráneo, mentres o convoi terrestre avanzará cara a Gaza a través
do Norte de África.

Esta misión vai máis alá dun xesto simbólico ou dunha resposta puntual
de emerxencia. Trátase dunha intervención sostida no tempo, baseada no
Dereito Internacional e na responsabilidade colectiva, que busca non só
romper o bloqueo, senón tamén establecer unha presenza civil
internacional permanente en Gaza até deter o xenocidio do que son
cómplices os gobernos do mundo.



O obxectivo destas accións, planificadas en colaboración directa con
organizacións palestinas, é catalizar unha acción global impulsada polos
pobos: transformar a flotilla nun amplificador das voces palestinas e
artellar mobilizacións por terra e por mar que evidencien que a
sociedade civil non está representada polos seus gobernos, que desde hai
décadas actúan como cómplices ou suxeitos directos do xenocidio. A causa
de Palestina non pode reducirse a unha cuestión humanitaria: é unha
loita de descolonización e autodeterminación.



A misión terá unha duración mínima de tres meses, organizada en quendas
e rotacións, permitindo que cada persoa voluntaria decida o tempo da súa
participación. O noso obxectivo é navegar até Gaza, romper o asedio,
establecer grupos de traballo no territorio e soster unha presenza
internacional que contribúa á protección da poboación civil e ao inicio
da reconstrución dos sistemas básicos de saúde e educación, destruídos
nos últimos dous anos.

Vivimos un momento histórico, marcado polo colapso dun sistema que
normaliza a guerra, o espolio e a deshumanización. Palestina converteuse
nun símbolo da resistencia e da loita pola liberación dos pobos.



Guiadas pola firmeza e polo SUMUD do pobo palestino, nace esta coalición
internacional de persoas e movementos que, desde todas as partes do
mundo, se coordinan para actuar contra o apartheid, o racismo, o
colonialismo, o imperialismo, o ecocidio e todas as formas de opresión.




Para facer posible esta misión, precisamos persoas con distintos perfís:


    Máis de 1.000 profesionais da saúde.
    Persoal docente, de enxeñaría civil, bioconstrución e reconstrución
comunitaria.
    Equipos de investigación e observación legal para documentar
violacións do Dereito Internacional.

Apoia esta misión

Precisamos apoio urxente para financiar as misións marítimas e
terrestres e fortalecer este movemento global para romper o asedio
ilegal a Gaza.

Entre febreiro e marzo construiremos unha axenda de mobilización social,
con actividades impulsadas tanto polo movemento como polas colectivas e
localidades que desexen sumarse.
Materiais e ligazóns

    Rexistro para persoas voluntarias



    https://registration.globalsumudflotilla.org/