Manuel Martin. Voceiro
Seguen as concetracións convocadas pola Mesa e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña. Un exemplo da constancia e da vontade dunha poboación en defensa do seur dereito a saude. Conseguiron un novo Centro de Saude pero non renuncian ao servizo de urxencias, que por poboacion merecen
Como vimos denunciando dende SOS Sanidade Pública o colapso casi permanente dos servizos de urxencias hospitalarios supoñen un risco para saude da poboación:
Falecen dous paciente nas Urxencias do HULA agardando ser ingresados nun novo "colapso" do servizo: Os celadores do hospital lugués denuncian un día máis o "colapso" do servizo nunha xornada na que faleceron dúas persoas de avanzada idade que estaban agardando para ser ingresada. Exixen máis persoal e a creación dunha unidade intermedia de preingreso.
A privatización dos servizos sanitarios, como os helicópteros do 061, están cheas de irregularidades, deterioran a calidade da atención e supoñen un risco para a saúde:
Varias empresas sospeitan dun concurso amañado para os helicópteros do 061, que o nega: O servizo de emerxencias sanitarias aéreas do Sergas, con helicópteros en Santiago e Ourense, foi adxudicado hai dous anos por 4,3 millóns ao ano á empresa Eliance, a mesma que xa o viña prestando. Apenas un ano despois xa acumulaba 77 expedientes por incumprimentos, con helicópteros inoperativos durante días e mesmo semanas malia a súa obriga de substituílos en caso de avaría. Ante os incumprimentos a Xunta decidiu rescindirlle o contrato, pero tardou un ano en convocar un novo concurso e mentres este non se adxudique vai seguir prestando o servizo a mesma empresa.
O SERGAS non cumpre coa obriga de vixiar a POVISA (da multinacional Ribera grupo empresarial internacional de xestión sanitaria e provedor de servizos públicos que forma parte do grupo francés Vivalto Santé ) que ten carta branca para facer o que quere cos pacientes do SERGAS
Povisa autovixíase: o Sergas incumpre a obriga de "supervisión" e reenvíalle as queixas: A queixa desta paciente deu inicio a "un procedemento interno de control para verificar a situación" en Ribera Povisa por parte do Sergas. Agora, a resposta do Sergas á reclamación desta paciente devolve a responsabilidade ao hospital privado. A queixa desta paciente deu inicio a "un procedemento interno de control para verificar a situación" en Ribera Povisa por parte do Sergas. Agora, a resposta do Sergas á reclamación desta paciente devolve a responsabilidade ao hospital privado