Saltar ao contido principal

“VILACOBA. AS VÍTIMAS ABANDONADAS”.

 


https://drive.google.com/file/d/1cDVlWSQOMwplmptkni2kX_uPNAads14O/view?usp=sharing

É un importante e interesante documental para aproximarse aos traballos de exhumación de victimas da Ditadura e para o coñecemento dos labores técnicos e antropolóxicos pero tamén dos sentimentos dos familiares, das ilusións, dos fracasos e das esperanzas en achar aos seus ascendientes, recobrar a súa memoria e darlles sepultura digna.

Relata a procura dos restos de varias persoas, paseadas e enterradas no Cemiterio de Santaia de Vilacoba, no concello de Lousame (A Coruña), promovida pola familia de Manuel García Hermo, xastre, militante do PSOE, asasinado o 30 de agosto de 1936 e tamén de Josefa Becerra (Mari Pepa), Avelino Méndez e os irmáns Antón e Perfecto Vilas. 

Os traballos foron realizados pola Deputación da Coruña, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), baixo a dirección do antropólogo e médico forense Fernando Serrulla Rech e a colaboración doutros profesionais, autoridades e entidades citadas non vídeo, realizado pola Cooperativa Audiovisual XARDA.

A nosa A.C. Memoria Histórica Democrática agradece á familia García Hermo a súa autorización para difundilo e a Fiscala de Memoria Democrática e Dereitos Humanos de A Coruña, María Encarnación Mayán, que nolo facilitou.

Parabés e agradecementos a todos/as.