| 13:48 (hace 1 hora) | |||
| ||||
Estimadas amigas e amigos,
O PSdeG-PSOE de Ferrol ten o pracer de convidar á súa entidade á inauguración da exposición “Pablo Iglesias. 100 anos do seu pasamento”, que terá lugar o mércores 12 de novembro ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.
A mostra, organizada polo PSdeG-PSOE de Ferrol en colaboración co Ateneo Ferrolán e o PSdeG-PSOE de Vilagarcía, permanecerá aberta ao público do 12 de novembro ao 12 de decembro, en horario de luns a venres, de 11 a 13 h e de 17 a 21 h.
No acto de inauguración intervirán:
Ángel Mato, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol
Julio Torrado, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Vilagarcía
e as historiadoras, Carmen Fernández Casanova e Esperanza Piñeiro de San Miguel
Será un encontro para lembrar a figura e o legado de Pablo Iglesias, referente histórico do socialismo e da defensa dos dereitos sociais e laborais.
Agradeceriamos moito contar coa vosa presenza.
Achegamos o cartel informativo do evento.
Un cordial saúdo,
Rafael Fernández
Sec. Organización PSdeG-PSOE FERROL
