| 11:05 (hace 4 horas) | |||
|
O vindeiro xoves día 23 de outubro a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca una Rolda de Prensa para presentar a nova campaña de mobilizacións no outono e inverno para facer fronte o desmantelamento da Sanidade Pública Galega que esta a perpetrar a Xunta de Galicia.
A nova campaña de protesta ven a ser una prolongación das mobilizacións celebradas en numerosas localidades o longo do pasado verán convocadas polas Plataformas SOS Sanidade Pública.
A rolda celebrarase as 11 horas no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago (Rúa Berlín 13) e estarán presentes diferentes plataformas e organización que integran SOS Galicia
Manuel Martin. Voceiro
Información Plataforma de Cerdedo
Dada a ausencia dunha ambulancia no PAC a veciñanza de Cerdedo recibirá formación aberta e gratuita en primeiros auxilios:
A veciñanza de Cerdedo terá a oportunidade de participar nunha actividade organizada polo alumnado do Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias do CIFP Ánxel Casal da Coruña. A iniciativa xorde a raíz da situación sanitaria que vive o municipio, que continúa sen contar cunha ambulancia con base no Punto de Atención Continuada (PAC), malia as reiteradas peticións da Plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública. Ten que ser a propia poboación organizada a que interveña para paliar os recortes sanitarios perpetrados por una Xunta que incumpre coa obriga de garantir o dereito a saúde