Benqueridas amizades: O sábado, 25 de outubro de 2025, ADEGA celebra a súa 50ª Asemblea Anual Ordinaria de socios e socias, que terá lugar no Quiosco Afonso do concello da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez). Con tal motivo, gustaríanos contar coa túa presenza nos seguintes actos públicos: 13:15 a 13:30 Saúdo ás persoas convidadas e encerramento. 13:30 a 14:00 Entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2024-2025. 16:30 Proxección Documental “A Terra por gañar”. 17:30 Mesa redonda: “A Coruña: berce de ADEGA e do movemento ecoloxista galego”. RESERVA DE XANTAR Se queres acompañarnos no Xantar de Confraternización (ás 14:00h), poderás facer a túa reserva ata o mércores 22 de outubro. A escoller menú omnívoro ou vegano. Se tiveses algunha intolerancia alimentaria, pregamos nolo indiques na reserva. Prezo 25€. Inclúe sobremesa, pan, café e bebida. Prégase nos confirmes a túa asistencia, tanto aos actos públicos como ao xantar, no teléfono 981570099 ou no correo xestion@adega.gal Data límite: mércores, 22 de outubro. Ficariamos moi honradas de contar coa túa presenza. Recibe unha aperta ecoloxista, Roi Cuba Dorado. Presidente de ADEGA. |