Saltar ao contido principal

Mais mobilizacions na defensa da Sanidade Publica SOS

 




manuel martin

11:29 (hace 49 minutos)
para bcc: 

Seguen as mobilizacións en Galicia contra os recortes e desmantelamento da Sanidade Pública perpetrado pola Xunta de Rueda

Manuel Martin. Voceiro


Hoxe día 3 as 11.00 horas, tera lugar a entrega de 700 firmas de protesta do pobo de Catoira na entrada del Hospital de O Salnés. A Plataforma Veciñal Centro Médico de Catoira exixe «o correcto funcionamento do seu Centro de Saúde », que carece do persoal médico e de enfermaría suficiente. Ademais das concentración que levan a cabo cada mércores no centro médico, hoxe dia 3 entregarán as firmas recollidas en sinal de protesta.


Concentración pola Defensa da Sanidade Pública de Redondela o xoves 4 se setembro as 19 horas diante do Concello de Redondela para defender a Sanidade Pública como un dereito e non un negocio para os amigos de Rueda. Desde SOS Sanidade de Galicia apoiamos a concentración e animosos os resto das plataformas a solidarizarse

https://www.farodevigo.es/arousa/2025/09/03/catoira-lleva-700-firmas-hospital-121173571.html?fbclid=IwVERTSAMkwWVleHRuA2FlbQIxMAABHlL6qBfhSuICWKxEW0GNwSDMsC_Q_b9O00HwdJPWLHQ3T3Fh_1hoTFJqxfFf_aem_Nc81W8lQMVmwOjYPNY85sA&sfnsn=scwspwa


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado celebrou o pasado  luns dia 1 unha nova concentración na Caniza, sumando 21 semanas. O Centro de Saúde leva 63 días sen pediatra: EN SETEMBRO SÓ 1 MÉDICO NO CENTRO DE SAÚD.  📣Vémonos o luns que ven‼️ https://www.facebook.com/share/p/19FV5eJE1v/


A Mesa da Sanidade e a Plataforma  SOS Sanidade Pública de Moaña convoca unha nova manifestación o domingo 7 de setembro desde a explanada do Centro de saúde de Domaio ate a rotonda da autopista. A localidade leva 200 semanas de mobilizacións pola volta do servizo de Urxencias (PAC),  servizo de ambulancia  e pola apertura do Centro de Saúde. A mobilización, pese o tempo transcorrido,  conta co respaldo maioritario da veciñanza  o que supoñe un exemplo de compromiso popular coa Sanidade Pública que a Xunta esta a desmantelar. Desde SOS Sanidade de Galicia apoiamos a manifestación do 7 se setembro e chama a outras Plataformas a solidarizarse