| lun, 8 sept, 12:40 (hace 2 días) | |||
| ||||
Moaña sae de novo á rúa en defensa das urxencia sanitarias tras 200 semanas de mobilizacións. A protesta, convocada como as 199 anteriores pola Mesa da Sanidade de Moaña, unha coordinadora social conformada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Moaña, entidades veciñais, grupos políticos da Corporación e presidida pola alcaldesa, Leticia Santos (BNG) tivo neste ocasión un significado especial. A protesta contou nesta ocasión coa presenza da deputada do BNG pola circunscrición de Pontevedra, Carmela González, do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e da parlamentaria do PSdeG, Elena Espinosa.
Leticia Santos, alcaldesa de Moaña: "Non imos consentir que o centro de saúde de Moaña non teña PAC" . A Xunta veuse obrigada pola nosa presión a cubrir as vacantes na quenda de tarde do centro de saúde.. Ademais diso conseguimos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) dotara dunha ambulancia de reforzo a comarca do Morrazo cuxa base está en Moaña. Agora temos aquí dúas ambulancias, unha ambulancia asistencial e outra de reforzo para toda a comarca do Morrazo,
Besteiro advirte da "emerxencia sanitaria" que sofre Galicia e pídelle a Xunta "mellores infraestruturas". Participa en Moaña nunha protesta e reclamou este domingo o "fin" da "emerxencia sanitaria" que, ao seu modo de ver, enfronta Galicia
Mais dun centenar de persoas concentraronse diaate do Concello de Redondela convocados pola Asamblea pola Sanidade Pública de Redondela para reclamar a Xunta la adopción de medidas urxentes que garanticen «unha atención sanitaria digna e completa nos catro centros de saúde adscritos a Redondela». A protesta contou coa participación de distintos colectivos vecinales dos concellos de Redondela, Pazos de Borbén y Fornelos de Montes.
