Saltar ao contido principal

R ecordatorio Club de lectura: inscrición / Club de lectura: inscripción

 




Ferrol, 03 de setembro de 2025
 

- RECORDATORIO-
 

Lembrámosche que mañá, 04 de setembro ás 09.30 h, abre o prazo de inscrición no Club de Lecturas Heurísticas.

Unha viaxe guiada pola narrativa e o pensamento a cargo de Miguel García Corral.

Cando? Haberá unha reunión mensual. A sesión será a último xoves de cada mes dende setembro de 2025 a maio de 2026 na Sala Audiovisual da biblioteca.

Formaranse dous grupos, en dous horarios diferentes: un de mañás de 11:30 a 13:00 horas e outro de tardes de 17:00 a 18:30 horas.

A actividade está dirixida a persoas adultas.

Como me inscribo? As inscricións serán presenciais e persoais no mostrador da planta baixa da Biblioteca Municipal, xa que é necesario recoller a primeira lectura no momento da inscrición. Levarase a cabo por estrita orde de chegada.

Só se permitirá a inscrición nun dos grupos, podendo cada persoa inscribir a outra mediante unha autorización previa. Recordade que neste caso será necesario, ademáis, a presentación do carné da biblioteca da persoa autorizada.

Que se vai ler? Entre os primeiros títulos escollidos poderían estar:

Señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes
Sostiene Pereira de Antonio Tabucchi
La utilidad de lo inútil de Nuccio Ordine
Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza

Achéganse en arquivos adxuntos a solicitude de inscrición e normas de funcionamento do club.

Agardamos que a información sexa do teu interese.