| lun, 18 ago, 20:50 (hace 1 día) | |||
| ||||
HOMENAXE EN FENE AO ALCALDE SOCIALISTA RAMÓN SOUTO E A TODAS AS VÍTIMAS DA DITADURA.
Hoxe convidados polo Alcaldesa de Fene a nosa A.C. Memoria Histórica Democrática asistíu ao acto en lembranza ao Alcalde socialista Ramón Souto asasinado en Ferrol o 17 de agosto de 1936, e as 64 vítimas daquel Concello durante a Ditadura franquista. No acto presentouse o libro “A morte nas fragas”, textos de Anxos García Fonte e banda deseñada de Carlos Sardiña, intervindo cos autores Henrique Sanfiz de Radio Fene e alcaldesa Sandra Permuy. Proxectouse a documental realizado por Radiofusión.gal, “Os fíos da Memoria” centrado no asasinato, nas Fragas do Eume, de dúas persoas – Pedro Rico Rodeiro e Constantino López Marcos - por protexer aos escapados.
Unha satisfacción para nos asistir a este emotivo acto e acompañar á familia do alcalde Souto.
