Galicia en chamas contra a politica sanitária da Xunta
A poboación galega manifestase contra dos peches de consultas perpetrados polo SERGAS durante o verán convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública apoiadas por sindicatos CIG, UGT, CCOO e SATSE pola falta de médicos nos centros de saúde que provoca a saturación dos servizos de urxencia dos hospitais e dos PAC. A Xunta de Galicia basea súa política sanitaria na mentira permanente, en negar a realidade e en non poñer ningunha solución, polo que as galegas e galegos non teñen garantida a asistencia sanitaria, nin a ordinaria nin a urxente
· No Vicedo ducias de persoas mobilizáronse para reclamar unha sanidade pública "de calidade" e volver denunciar o "abandono" do centro de saúde neste concello. A plataforma Médicos no Vicedo, apoiada pola Plataforma Sanitaria da Mariña, advertiu da falta de facultativos e de reforzos no verán, que provoca saturación e atención precaria, agudizadas en época estival.
· En Folgoso do Courel o grupo político Courel Vivo denunciou a falta de asistencia médica, que se limitou ao sábado ata as 13:30 horas, en plena ponte festiva, cun considerable aumento de poboación e condenando veciñanza e visitantes a desprazarse ao hospital de Monforte, a unha hora de camiño.
· Na parroquia do Hío de Cangas a veciñanza mobilizouse para reclamar máis recursos en sanidade pública, a redución das longas listas de espera ou un centro de saúde propio
· En Cervo, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou a "catástrofe sanitaria" que supoñía a falta de médico de familia e que foi denunciada nunha mobilización que reuniu 300 persoas.
· En Foz, o sindicato CIG denunciou a falta de persoal no centro de saúde, que obriga ao persoal a realizar tarefas dobres, poñendo en risco a súa saúde física e mental".
· En Viveiro foron varias as concentracións advertindo que "a atención sanitaria non está garantida".
· En Redondela, a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública retoma tamén as protestas de cara ao vindeiro mes casos, para reclamar máis recursos e persoal nos centros de saúde e denunciar unha medida de espera para citas en medicina de familia que chega aos 16 días en Chapela
· En Vilalba, producíronse mobilizacións que denuncian que nun concello con case 14.000 habitantes tan só atenden no centro de saúde sete dos once médicos
· No Salnés volveron provocar indignación e protestas polo traslado a Sanxenxo da ambulancia medicalizada que o resto do ano presta servizo no hospital.
· En Vilagarcía, un home sufriu un esvaecemento e un médico e un enfermeiro do PAC chegaron antes en taxi ao lugar que a ambulancia, que tardou cincuenta minutos.
· En Ponte Arnelas a tardanza foi de media hora.
· En Aguiño (Ribeira) reclaman a cobertura das dúas prazas existentes ao haber só un profesional activo desde hai semanas.
· Na Guarda alertan da espera de ata tres semanas para conseguir cita
· En Lalín as protestas chegan pola falta de atención á saúde mental desde hai tres meses.
· Na Cañiza, aínda o pasado luns houbo unha nova concentración ante o ambulatorio, denunciando que segue sen haber pediatra e que só un dos tres facultativos no cadro de persoal está traballando.
· En Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, a veciñanza e oposición parlamentaria (BNG e PSdeG) alertan de que os seus centros de saúde "permanecen sen médico"
· En Pontenova as familias concentráronse a pasada semana ante a sede da Xunta en Lugo para denunciar "o abandono" da educación e mais da sanidade no seu municipio,
Protesta por que a Xunta de Galicia otorga una empresa privada o negocio de aparcadoiro no Hospital Público de Montecelo. A Plataforma de Cerdedo pola Sanidade Pública comezou estes días unha campaña para que o novo aparcamento do Hospital de Montecelo sexa gratuíto, haxa máis prazas e tamén para mellorar o transporte público ao devandito hospital (co apoio do seu alcalde do PP). As 5 plataformas afectadas por este aparcamento son Pontevedra, O Salnés, Sanxenxo, Marín e Cerdedo-Cotobade, e acordaron o pasado xullo realizar unha campaña de visibilización deste problema durante este mes.
O SERGAS abandona os Centros Hospitalarios poñendo en risco aos pacientes: Ferido leve un paciente do Hospital Marcide de Ferros ao desprenderse unha parte do falso teito da habitación. Un total de 28 ingresados nesa planta foron recolocados de forma preventiva tras unha primeira inspección dos técnicos. O sindicato SATSE alerta da existencia de gretas en diferentes salas das plantas cuarta e quinta e por iso reclama medidas preventivas urxentes que garantan a seguridade tanto de pacientes como de profesionais
No Centro de Saúde de Marin hai esperas para Medicina de Familia de 3 semanas e 1 mes. Hoxe faltaba a metade da plantilla (7 médicos/as de 14) .Trataremos este e outros problemas na Asemblea da Biblioteca de Marín as 20,30 horas.
https://www.facebook.com/
A Plataforma Centro Médico de Catoira recolle agora firmas pola Sanidade Pública. Está mañán reunironse 50 persoas en Catoira para firmar por unha sanidade pública e de calidade no Centro Médico. Levan xa 10 semanas de concentracións para pedir á xerencia que as baixas e vacacións das médicas e do pediatra sexan cubertas a tempo completo, pediatra tódolos días e que a ambulancia medicalizada do Salnés volva de Sanxenxo. As firmas serán entregadas o próximo mércores 3 de setembro no Hospital Salnés. Posteriormente, a veciñanza acudiu a carreteira principal con pancartas para que os condutores virán as súas protestas. A concentración foi coidada por Protección Civil.
https://www.facebook.com/
A Voz dá Sanidade reúne un centenar de apoios aos autobuses directos ao hospital Cunqueiro de Vigo. A asociación mantén as mobilizacións en Cangas, os martes ao mediodía e contou co apoio dun centenar de asociacións que demandan de transporte colectivo directo aos hospitais públicos. Entre eses respaldos citan 30 asociacións veciñais, outros tantos comercios locais e unha decena de asociacións culturais. Tamén oito entidades de coidados e apoio social, seis asociacións de mulleres, nove clubs deportivos, dúas comunidades de montes e unha decena de asociacións de nais e pais (Anpas).
https://www.farodevigo.es/o-
O Consellerio de Sanidade en fuga polo traslado do paritorio do antigo Materno Infantil ao Hospital Xeral de Ourense que fixo estalar a bomba no CHUO ao non ser informados os sindicatos. Tampouco se avisou da presenza do conselleiro de Sanidade, Gómez Caamaño, ese mesmo día
O Centro de Saúde de Redondela e o PAC da mesma localidade que sofren o colapso pola ausencia de médicos que atenden aos Concellos de Chapela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.