Saltar ao contido principal

O peso do fluxo inmigrante centrou o debate na última xornada do Carlos Gurméndez

 


A tercer e derradeira xornada do XXVI curso Carlos Gurméndez tivo este venres un notable peso económico, demográfico e sociopolítico, clave no tema tratado durante as xornadas sobre os retos da inmigración organizadas polo Club de Prensa de Ferrol co patrocinio da Universidade, Concello e Xunta. 


Os protagonistas da palestra final foron o exministro de Traballo e Emigración Valeriano Gómez e o catedrático de Economía da Universidade Autónoma de Madrid, Santos Ruesga, que pronunciaron sendas conferencias inzadas de datos e que motivaron un animado diálogo final co numeroso público asistente.


O exministro Gómez analizou o peso da demografía e a produtividade no futuro económico español ao abeiro da presenza de inmigración do país. Sinalou que España é o segundo país no mundo no que máis medrou a poboación estranxeira no século XXI, pasando do 4% ao 14%, e segundo en que zonas (Cataluña, Madrid…) ata nun 20% contando coa segunda xeración.