Saltar ao contido principal

CONVITE CINEMA DE ANIMACIÓN PALESTINO

  


   Desde a Asociación Galiza por Palestina comprácenos convidarvos á presentación en Galiza do Ciclo de Cinema Palestina Animada, un proxecto que reúne curtametraxes e longametraxes de animación realizadas por cineastas palestinas e palestinos, tanto da Cisxordania e Gaza como da diáspora. O programa inclúe unha combinación de producións profesionais e filmes elaborados en diversos obradoiros na Palestina ocupada.

Esta é a primeira vez que este ciclo se presenta en Galiza. A actividade chega da man da Plataforma veciñal cántabra "Cabezón por Gaza", coa colaboración do Colectivo de animadoras e animadores Ánimas Anónimas.

🎥 A sesión terá lugar o sábado 12 de xullo ás 18:00 h na A.C. Alexandre Bóveda, na cidade da Coruña. Tras a proxección, celebrarase unha mesa redonda coa participación do escritor e profesor Moncho Iglesias Míguez.

As autoras e autores destas películas autorizaron a súa exhibición gratuíta, coa condición de que as doazóns recadadas se destinen integramente a apoiar os artistas e cineastas de Gaza que están a resistir o xenocidio. Por este motivo, habilitarase Fila 0billeteira inversa, e tamén haberá venda de produtos cedidos por diferentes colectivos solidarios.

Adxuntamos o cartaz do evento e un texto de presentación. Agradecemos moito a vosa asistencia e a difusión desta actividade.

Grazas pola vosa atención.

Un saúdo solidario,
Asociación Galiza por Palestina



Ciclo de Cinema Palestina Animada – Presentación en GalizaPalestina Animada é un proxecto de cinemadeanimación palestino que ofrece un programadecurtametraxes e longametraxes, principalmentecreadas por cineastas palestinas e palestinos, tantode Cisxordania e Gaza como da diáspora. Ocicloinclúe unha combinación de películas profesionaiseoutras realizadas en diversos obradoirosnaPalestina ocupada. As promotoras do proxecto son un colectivodecineastas, artistas e activistas de Palestina, Noruegae diversas zonas do Estado español. OfestivalPalestina Animada estreouse na FilmotecadeSantander e na Casa de Cultura de Cabezóndela Sal (Cantabria) no mes de marzo de2025. Posteriormente foi presentado en Osloeoutraslocalidades de Noruega, así como enVélez-Málaga e en varias cidades de Portugal (Lisboa, Porto e Braga). Está en proceso de programaciónpara a Mostra de Ascaso e outros festivaiselocalidades do Estado español e de Europa. As autoras e autores das películas autorizaron a súa exhibición gratuíta, a condición de que as doazónsrecadadas en cada sesión sexan destinadas a apoiar os artistas e cineastas de Gaza, que estánasobrevivir ao xenocidio en curso. Este ciclo chega por primeira vez a Galiza, da man das asociacións Ánimas Anónimas e GalizaporPalestina, en colaboración coa Plataforma cántabra Cabezón por Gaza. A presentaciónterálugarnunha sesión especial de proxeccións e mesa redonda. Data: Sábado, 12 de xullo de 2025 Hora: 18:00 h Lugar: A.C. Alexandre Bóveda – Rúa Santo André, 36-1º – 15003 A Coruña O acto contará coa participación de Moncho Iglesias Míguez, escritor e profesor, que traballoucomodocente en Palestina e achegará a súa visión sobre a cultura, a vida e a resistencia palestina. No local habilitarase billeteira inversa, e un mercadillo solidario con material doado por diversascolectivas solidarias. Toda a recadación será enviada ás persoas creadoras palestinas. FILA 0 - Pódese colaborar mediante ingreso ou transferencia bancaria co concepto “PALESTINAANIMADA” na seguinte conta: Caixa Rural IBAN: ES86 3070 0044 5363 9270 1923