Prezadas compañeiras, prezados compañeiros:
En colaboración con Pallasos en Rebeldía e co apoio de entidades do tecido cultural galego, denunciamos a complicidade dos grandes fondos de investimento co xenocidio en Palestina a través dos festivais financiados con diñeiro público na Galiza.
Reivindicamos unha cultura libre, ética e comprometida cos dereitos humanos.
Convidamos a toda persoa ou colectivo a asinar e difundir este manifesto, para que a nosa voz se una á onda global que defende a liberdade de Palestina e exixe o fin do xenocidio.
A cultura galega non é mercadoría nin cómplice!
Boicote aos fondos xenocidas!
Palestina libre!
Palestina libre!
Un saúdo solidario.