| 13:19 (hace 6 horas) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
A XUNTA DESMANTELA A REDE DE HOSPITAIS COMARCAIS DE GALICIA
Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública apoiamos as mobilizacións de profesionais e poboación das Áreas Sanitarias da Mariña e Valdeorras en protesta polo desmantelamento dos seus hospitais comarcais
O persoal do Hospital comarcal da Mariña, volveu mobilizarse o pasado venres dia 2 de maio para protestar pola continúa perda de servizos desde a súa integración na área sanitaria de Lugo. Os pacientes soportan listas de espera superiores o ano e ten que desprazarse ao Hospital de Lugo a mais dunha hora de distancia.
No Hospital de Valdeorras os enfermos de silicose (enfermidade pulmonar vinculada a minería) son abandonados pola Conselleria de Sanidade por non contar con servizo de Neumoloxía necesario para tratar a estes pacientes que ten que trasladarse a Vigo. Hai máis de 1.500 persoas con silicose na comarca segundo o denunciado pola Asociación de Afectados pola Silicose de Valdeorras, fundada hai dous meses e que reúne xa máis de 200 persoas da comarca diagnosticadas con esa patoloxía.
Esta situación es o resultado da política da Xunta e do XERGAS de desmantelar os hospitais comarcais para aforrar e recentralizar o sistema sanitario:
Primeiro suprimiron as Áreas Sanitarias e despois fechan servizos e persoal para trasladar progresivamente servizos aos Hospitais de Área, para ilo a Xunta modificou a Lei da Saúde para poder pechar as Áreas Sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, que pasaron a depender do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO, Lucus Augusti (HULA) de Lugo, e do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
Os resultados desta política
· Afastan á poboación rural da atención hospitalaria, a mais envellecida e mais necesitada de atención
· Aforran cartos hospitalarios
· Re-centralizan o sistema, dado que o PP e un partido de ideoloxía centralista
· Masifican os hospitais de área para xerar listas de espera e poder enviar pacientes en lista de espera centros privados concertados
· Favorecen os seguros privados (xa os ten contratados o 17% da poboación galega)
Hospital da Mariña: Reduciron 7 prazas de Medicina Interna; 3 de Anatomía Patolóxica; 2 de Dixestivo; 2 de Uroloxía; 2 de Cardioloxía; e 2 de Radioloxía. Hai períodos nos que as plantillas están por debaixo do 50%.
Hospital de Monforte: Reduciron 2 prazas de Pediatría que pasaron de 4 a 2, outras 2 en Radioloxía de 4 a 2, 1 de Dixestivo que pasaron de 2 a 1, 1 en Psiquiatría de 2 a 1. E o único hospital da Galiza que ten Servizo de Hospitalización a Domicilio
Salnés: Deixaron Uroloxía con tan so una praza 1 especialista algúns días da semana; o mesmo que Cardioloxía; pecharon Neuroloxía hai un ano.
Valdeorras: Perdéronse un total 22 especialistas; Medicina Interna pasou de 8 a 4; Neumoloxía ten tan sou una praza malia os abondosos caso de silicose; queda 1 Oculista; perderon a Cirurxía Maior e soamente fan cirurxías menores.
Hospital do Barbanza: Reduciron 2 prazas de Psiquiatría quedando tan so con1; reduciron 3 prazas en Cirurxía que pasaron de 5 a 2 prazas; faltan especialistas en Medicina Interna.
Todo isto mostras a vontade política da Xunta e da Conselleria de Sanidade de centralizar e desmantelar os Hospitais Comarcais.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública