Saltar ao contido principal

[eolicaasinon] Convite ao Festival dos 50 anos de ADEGA: sábado, 7 de xuño, Lugo (trae o teu posto) Recibidos

 

ADEGA-Organizacion eolicaasinon@lists.riseup.net

mar, 27 may, 21:06 (hace 15 horas)
para Eolicaasinon

Boa tarde! Agardo que esteades moi ben :-)

Teño o pracer de comunicarvos que ADEGA celebra neste 2025 os seus 50 anos de loita e compromiso coa defensa da terra e do medio ambiente galego. Para conmemorar esta data, organizamos un gran festival o sábado, 7 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Sería un pracer para nós que nos acompañasen aquelas entidades e colectivos coas que partillamos causa e coas que agardamos que sigamos sumando por moitos máis anos na defensa da terra e do medio ambiente galego!

A xornada combinará unha ampla feira de produtos agro, ecolóxicos, de artesanía e de colectivos, xunto con mesas redondas, xogos tradicionais, proxección documental, encontro solar e concertos ata a madrugada, entre eles, de Loita Amada, Filophóbicas ou Catro nun zoco. ADEGA quere así compartir este aniversario con toda a cidadanía e celebrar a histórica loita colectiva por unha Galiza máis xusta e sustentable.

Participa na feira! 

Se queres participar como colectivo na feira que terá lugar no interior do Pazo de Feiras, por favor, cumprimenta este formulario antes do 30 de maio

A participación na feira é de balde, pero terías que traer o teu posto e indicarnos as dimensións.

Se non tes posto ou mesa, podes indicárnolo no último punto.  En caso de que houbese moitos expositores e viramos limitado o espazo, acollerémonos á orde de inscrición.

Se tes algunha dúbida, podes contactar no correo electrónico adegalugo@adega.gal ou no 982240299. 

Agradecemos difundas nas túas redes o festival dos 50 anos de ADEGA.

Descarga programa e cartaz aquí: https://drive.google.com/drive/folders/1P9h-lSxzlKb_CGGu58WlsujAF94e35v1?usp=sharing

Moitas grazas!

Belén

ADEGA