Saltar ao contido principal

Castelao antes de ser Castelao Pase con presentación e coloquio domingo 25 de maio ás 17:30.

 

Castelao antes de ser Castelao

 

O vindeiro domingo 25 de maio ás 17:30 temos unha sesión moi especial dun dos filmes do mes, 'Antes de nós'. Nel contaremos coa presenza da multipremiada directora Ángeles Huerta, o elenco principal conformado por Xoan Fórneas (Castelao) e Cris Iglesias (Virginia), e a compositora da banda sonora, a ferrolana Sofía Oriana Infante

Convidámosvos así a desfrutar deste evento que nos presenta a Castelao antes de ser Castelao a través de dous etapas da súa vida de gran importancia. A primeira, en 1918, cando o futuro artista deixa a súa praza como funcionario para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. E a segunda, en 1928, cando el e a súa parella sentimental, Virxinia, percorren Bretaña pouco despois da perda do seu único fillo

Dende hoxe podedes mercar as vosas entradas a través da nosa web ou no

despacho de billetes do cinema. Non vos quededes sen a vosa!


Antes de nós

Ángeles Huerta


Unha parella, dous intres. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas.

1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia.

1929, o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia dantes da "xeración Nós": Castelao e Virxinai antes de ser "nós".

🎟️ Pase con presentación e coloquio domingo 25 de maio ás 17:30.