Saltar ao contido principal

O MÉRCORES 9 DE ABRIL. GALIZA POLA PAZ CHAMA A SOCIEDADE A SE SUMAR ÁS CONCENTRACIÓNS CONVOCADAS NA SETE CIDADES GALEGAS A PARTIR DAS 19.30 HORAS, EN FERROL NA PRAZA VELLA. UNHAS MOBILIZACIÓNS QUE PROCURAN PLASMAR O REXEITAMENTO DA SOCIEDADE GALEGA AO "MILITARISMO, A OTAN E A GUERRA". O vindeiro 9 de abril as sete cidades acollerán concentracións "contra o militarismo, a OTAN e a guerra". Así o anunciou esta cuarta feira na súa presentación ao pública a Plataforma Galiza pola Paz, un espazo que denuncia a "militarización a través do medo" que a Unión Europea e os Gobernos membros están a impulsar, nunha carreira armamentística na que "se furta a opinión da sociedade". 02/abr./25 - 14:25 Actualizado: 02/abr./25 - 14:38 "Ante as chamadas a máis escalada militar e a un confronto aberto vemos necesaria unha aposta clara pola paz e creamos este espazo, a Plataforma Galiza pola Paz", explicou Marta Romero, unha das portavoces do novo colectivo, que nace da experiencia da plataforma Galega contra a OTAN. "Este é un espazo aberto, queremos que sexa o máis plural posíbel e facemos un chamamento á sociedade a participar nel", manifestou a Nós Diario Romero. Unha organización "aberta a todos os que entenden que o militarismo non leva a ningures", concluíu. ... https://www.nosdiario.gal/articulo/social/nace-galiza-pola-paz-convoca-mobilizacions-guerra/20250402142553219618.html |||||||

 


Nace a plataforma Galiza pola Paz e convoca mobilizacións contra a guerra

A PRIMEIRA CONVOCATORIA DA NOVA PLATAFORMA XA TEN DATA, O MÉRCORES 9 DE ABRIL. GALIZA POLA PAZ CHAMA A SOCIEDADE A SE SUMAR ÁS CONCENTRACIÓNS CONVOCADAS NA SETE CIDADES GALEGAS A PARTIR DAS 19.30 HORAS,  EN FERROL NA PRAZA VELLA. UNHAS MOBILIZACIÓNS QUE PROCURAN PLASMAR O REXEITAMENTO DA SOCIEDADE GALEGA AO "MILITARISMO, A OTAN E A GUERRA".

O vindeiro 9 de abril as sete cidades acollerán concentracións "contra o militarismo, a OTAN e a guerra". Así o anunciou esta cuarta feira na súa presentación ao pública a Plataforma Galiza pola Paz, un espazo que denuncia a "militarización a través do medo" que a Unión Europea e os Gobernos membros están a impulsar, nunha carreira armamentística na que  "se furta a opinión da sociedade". 

02/abr./25 - 14:25 Actualizado: 02/abr./25 - 14:38

"Ante as chamadas a máis escalada militar e a un confronto aberto vemos necesaria unha aposta clara pola paz e creamos este espazo, a Plataforma Galiza pola Paz", explicou  Marta Romero, unha das portavoces do novo colectivo, que nace da experiencia da plataforma Galega contra a OTAN. "Este é un espazo aberto, queremos que sexa o máis plural posíbel e facemos un chamamento á sociedade a participar nel", manifestou a Nós Diario Romero. Unha organización "aberta a todos os que entenden que o militarismo non leva a ningures", concluíu. ...

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/nace-galiza-pola-paz-convoca-mobilizacions-guerra/20250402142553219618.html

|||||||