Saltar ao contido principal

O DÍA DA REPÚBLICA EN CEDEIRA ÁLBUM FOTOS: https://drive.google.com/

 O DÍA DA REPÚBLICA EN CEDEIRA

ÁLBUM FOTOS:

https://drive.google.com/drive/folders/1yJr_S9q_NJ_ljUnFlH071_T1hlG6w9AI?usp=sharing

Onte en Cedeira a Sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e o Concello celebraron o 94º Aniversario da proclamación da IIª República, lembrando ás vítimas da represión da Ditadura. A causa do mal tempo o acto mudou a ubicación habitual do monumento na Praza da Revolta pola Praza 18 de Decembro. 

Rompeu o silencio a Banda de gaitas de Buxainas, cunha alborada e iniciou e conduxo o acto Antón Labranha, autor dun escrito que foi repartido e lido por dúas compañeiras.

A continuación Vicente Loureiro deu lectura aos nomes dos 42 asasinados polos golpistas.

Beatriz Rascado recitou un poema seu, publicado en “Retallos da Memoria” para darlle paso a unhas palabras do Alcalde Pablo. Rematou, coma sempre, coa canción Al Alba interpretada por Quique acompañado por Dopazo á guitarra para finalmente facer a ofrenda floral ao pé do cartel explicativo do acontecido naquel fatídico 18 de decembro do 36.

Agradecemos á diputada Silvia Longueira por viaxar desde a Coruña e acompañarnos neste día inmisericorde.

Fotos: Bea Rascado.