Saltar ao contido principal

LA CUADRILLA DE LAS OLAS ROTAS

 

A Asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto, a presentación do libro:

LA CUADRILLA DE LAS OLAS ROTAS

Miguel Castro Serantes

Día: Xoves 10/04/2025 ás 19:00 horas

Lugar: Centro Cívico de Canido (Rúa Poeta Pérez Parallé s/n, Ferrol)

O vindeiro xoves temos a oportunidade de colaborar con Miguel Castro Serantes para a presentación da súa nova novela "La cuadrilla de las olas rotas".

Despois de ‘Lodo’, a súa primeira novela curta, e a súa participación na antoloxía ‘A nova fábrica de lapis’, Miguel lánzase a por unha novela longa. Unha novela que representa a unha xeración; a súa xeración. Leva por título “La cuadrilla de las olas rotas” e, nela, atoparemos unha chea de aspectos que nos atravesan ao longo das nosas vidas. Verémonos recoñecidas, aínda máis quen sexa da xeración de Miguel, nas súas palabras e as experiencias vitais contempladas nesta narrativa.

Miguel Castro Serantes é pai e educador vocacional con vinte anos de experiencia no traballo con menores. É activista, doblador, locutor radiofónico, guionista de anuncios, columnista, cinéfilo empedernido, voluntario en centro penal e, por suposto, escritor.

la cuadrilla de las olas rotas.png

Agardamos contar coa túa participación e axuda na difusión dos nosos actos.