Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN SOS SANIDADE PÚBLICA GALEGA

 

Información Sanidade Pública Galega. 

Manuel Martin. Voceiro

image.png

33 concellos (polo menos que saibamos) ten buses para Manifestación de SOS o día 6 de abril en Santiago: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Pontevedra, Vigo, Marín, Seixo, Ferrol, Fene, Vilar do Colo, Baiona, Gondomar, Nigrán, Redondela, Chapela, Narón, Tui, A Coruña, Cangas, Moaña, A Guarda,  Burela, Viveiro, Ribadeo, A Cañiza, Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra,  Arbo, As Neves, O Barco de Valdeorras.

Da privatización á falta de persoal, da seguridade ás listas de espera: SOS Sanidade Pública volve á rúa. Con esta manifestación queren reivindicar na rúa os tres "piares básicos" do sistema sanitario público galego: a atención primaria, que debera ser o eixo do sistema; a atención hospitalaria, garante da atención aos problemas máis graves; e a sanidade pública, como conxunto de recursos para garantir o dereito á saúde da poboación. Por iso, reclaman á Xunta "máis calidade" para a sanidade pública

9.390 persoas estaban á espera dunha primeira consulta en saúde mental no SERGAS en decembro do 2024, máis que no 2022, no 2019 ou que en anos anteriores.
 https://praza.gal/opinion/non-estamos-nada-ben

23% da poboación non puido acceder a asistencia médica de Atención Primara cando estaba enferma

Quen nos protexe do Sergas?. A Sanidade Pública é un corrector das desigualdades sociais e tamén un rastrexador das mesmas. Estes últimos anos amosaron a parede chea de fendas deste servizo fundamental, consecuencia de accións planificadas para beneficio doutros intereses dende hai tempo
https://praza.gal/opinion/quen-nos-protexe-do-sergas