: https://youtu.be/_TVAo-Gi7cI?si=k4GG-x7Ruhyo5qRr
: A ANPI(Asociación Nacional de Partisanos de Italia) foi fundada o 6 de xuño de 1944 en Roma polo CLN (Comité de Liberación Nacional) de Italia Central, mentres o Norte aínda estaba baixo ocupación nazi -fascista.
O 4 de xuño de 1945, coa liberación do Norte, constitúese en Milán o Comité ANPI Italia Norte.
O 27 de xuño de 1945 o Comité provisional da ANPI de Roma e o Comité de Italia Norte fusiónanse para crear a ANPI Nacional que tiña como obxectivos principais:
“Restablecer a plena liberdade do país e promover un réxime democrático para evitar o regreso de calquera forma de tiranía e absolutismo no futuro.
Destacar, a nivel nacional e internacional, a contribución efectiva achegada á causa da liberdade pola acción partisana
Hoxe, a ANPI segue á vangarda na defensa dos valores da Constitución Italiana, por tanto da democracia, e na preservación da memoria daquel tempo de combate pola liberdade que foi a Resistencia Antifascista”(ANPI Nazionale)
Interpretación do Coro dello Spettacolo Bela Ciao, 1966.
Fotos da ANPI de Verona, 25 de abril de 2019