Saltar ao contido principal

DÍA DA REPÚBLICA EN PONTEDEUME

 DÍA DA REPÚBLICA EN PONTEDEUME

ÁLBUM FOTOS: 

https://drive.google.com/drive/folders/1PuSb9oak6FLEFBOYdQ974bbERPm09QtT?usp=sharing

Dentro dos actos PRIMAVERA REPUBLICANA EN PONTEDEUME organizados pola nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática co Concello de Pontedeume e a colaboración da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, onte, Día da República, celebrouse unha visita do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, a Exposición de Gravados de Xosé Conde Corbal, “FARDEL DA MEMORIA 1936-1986”. Exposición que permanecerá aberta, na Casa da Cultura, ate o 13 de maio, de martes a Domingo de 18 a 20 h.

A continuación celebramos unha ofrenda floral ás vítimas do franquismo no Cemiterio Vello de Pontedeume, coa asistencia de numerosas persoas e familiares, a pesar da inclemencia do tempo, 

Houbo intervencións do representante da nosa Asociación, Juan Galán, o historiador Bernardo Máiz, o alcalde Bernardo Fernádez Piñeiro e o Delegado do Goberno, lectura de poemas, de Celso Emilio Ferreiro (Maryté P. Grueiro) de Claudio Rodríguez Fer (Fer Ocampo) e de Sandra Bellón, lidos por ela mesma e intervención musical do grupo “Airiños do Eume”. Despois, depositamos a ofrenda floral na tumba do alcalde republicano de Mugardos, Juan Prieto Balsa, asesinado en Ombre (Pontedeume) o 25 de xullo de 1936, coas notas da Marcha do Antigo Reino de Galiza, en representación de todas as vítimas e pechouse o acto co Himno Galego. Viva a República!

Fotos: Delegación do Goberno.