| 15:34 (hace 1 hora) | ![]() ![]() ![]() | ||
|
Neste 8 de marzo a Marcha anima as mulleres a saíren á rúa para pór de relevo oito demandas urxentes: valoración xusta dos traballos feminizados, servizos públicos de coidados, acceso a unha vivenda digna, control dos prezos dos produtos de alimentación e servizos básicos, saúde e educación públicas e de calidade e con perspectiva feminista, extensión e recuperación dos Centros de Información ás Mulleres, derogación da lei de extranxeiría e apoio ás mulleres migrantes, políticas que fagan compatíbel o desenvolvemento económico e o benestar social co coidado da natureza.
Baixo o lema EN MARCHA PARA TRANSFORMAR A VIDA DAS MULLERES, desenvolveranse máis de 20 mobilizacións feministas en todo o país, nun ano en que as mulleres denunciamos as discriminacións que continúan marcando as nosas vidas, nunha sociedade en que aínda non temos as mesmas oportunidades polo mero feito de sermos mulleres.