Saltar ao contido principal

”Máis Atención Primaria, Máis Atención Hospitalaria e Máis Sanidade Pública”.

                      Estimados/as amigos/as:


Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

apoiamos a nova manifestación do día 6 de abril do 2025, as 12 h. en Compostela, en

protesta do grave deterioro do Sistema Sanitario Público en Galicia, co lema ”Máis

Atención Primaria, Máis Atención Hospitalaria e Máis Sanidade Pública”.

A AGDSP apoiamos a reivindicación dunha subida do 25% do gasto sanitario

por parte da administración; Centros de Saúde e PACs dotados e equipados de

persoal suficiente de tódalas categorías profesionais, accesibles en 24-48 horas;

consultas presenciais a pedimento do paciente; reorientar a Atención Primaria á

promoción, prevención, traballo comunitario e a participación social. Oposicións que se

correspondan cos postos de traballo vacantes nestos momentos e que teñamos nos

Centros de Saúde e PACs, a cobertura de persoal que corresponde.

En Atención Hospitalaria, reivindicamos a utilización plena dos recursos

existentes, tanto de mañá como de tarde; recuperar os múltiples recortes que fixo o PP

nos hospitais comarcais; acabar ca política de priorizar a concertación ca privada;

restitución ao Sistema Público dos centros privatizados; un plan para reducir as listas

de agarda e non seguir agochando a verdade das mesmas; esixencia da dedicación

exclusiva ao persoal médico.

Para o conxunto da Sanidade Pública: incrementar o orzamento Sanitario

Público; elaborar un Plan de Saúde Galego que adapte os recursos ás necesidades;

recuperar os servizos privatizados e as Áreas Sanitarias pechadas; potenciar a Saúde

Pública para combater as epidemias para a saúde. Recuperar a Participación Cidadá

nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e no Consello de Saúde de Galciia. Plan

Galego de Saúde Mental consensuado.

Desde a Consellaría de Sanidade, a mensaxe (tras anos de negar a crise do

sistema) é que falta persoal médico e que a culpa a ten o Ministerio de Sanidade,

mentres mantén a política de recortes, desmantelamento do Sistema Público, para

abrir as portas ao sector privado e manter a precarización do persoal que traballa no

Sistema Público.

Desde a nosa Asociación, consideramos que só mediante unha gran alianza

social e profesional será posible frear o deterioro e iniciar a recuperación do Sistema,

xa que a poboación e os traballadores somos os perxudicados pola crise dunha

Sanidade Pública, que ata hai uns anos era considerada un dos mellores sistemas

sanitarios do mundo.

En base a sto propoñemos a todalas Organizacións e Categorías Profesionais

que traballan en Atención Primaria, Hospitais e Saúde Pública, sumarvos a esta nova

mobilización pola Defensa e Mellora do Sistema Sanitario Público Galego. Para elo,

plantexamos unha xuntanza de todalas organicacións, para debater sobre estos temas

e os que consideredes que podan mellorar a Asistencia Sanitaria Pública en Galicia.

Respondede neste mesmo correo electrónico, si ides participar nesta xuntanza que

manteremos e que avisaremos en breve. Un saúdo.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.