Información SOS Sanidade
M. Martin. Voceiro
https://www.
O vindeiro xoves 13 de marzo ás 22h emitirase en TVE 2 e Canal 24h o documental "7291 non se ían a morrer igual" , o drama das residencias madrileñas xestionadas polo PP onde deixaron a miles de persoas sen derivar a hospitais por non ter un seguro privado . PÁSAO E FAINO VIRAL!
Liñas estratéxicas para a reforma da Atención Primaria.
https://www.nosdiario.gal/
Recordatorio do acordado na ultima Xuntanza de SOS Sanidade para preparar a Manifestación do 6 de abril en Compostela
1. Enviar ás organizacións profesionais unha solicitude de apoio á Manifestación
2. Buscar a adhesión das Xuntas de Persoal
3. Dispor de fondos para cuñas de radio desde 15 días antes: Achegas de partidos, sindicatos e outras organizacions e organizar un crowfunding para buscar achegas económicas da poboación
4. Organizar actos e debates sobre a situación e os problemas sanitarios de cada localidade: convidar ás organizacións veciñais, sociais, de pacientes, etc.
5. Solicitar reunións con alcaldes, concelleiros, Xuntas de Persoal, etc.
6. Poñer mesas informativas nas rúas para repartir os folletos e animar a participar.
7. Repartir os folletos en centros sanitarios e espazos públicos.
8. Convocar mobilizacións en todas as localidades o día 26 de marzo ás 20 h. (podería ser a outra hora segundo as circunstancias concreta de cada localidade): Concentracións, peches, actos informativos.....diante dos Centros Sanitarios ou Prazas principais, cos problemas sanitarios de cada localidade
9. Organizar roldas de prensa informativas destes actos e da manifestación doa día 6 de abril en cada localidade.