Amador Rei, un dos dous traballadores feridos mortalmente o 10 de marzo de 1972 era de Esmelle. Na foto aparece marcado, xunto cun grupo de veciños e veciñas esmudienses, nos anos cincuenta, ao pé dunha cruz que rememoraba unha daquelas actividades relixiosas, as "misións", neste caso dirixidas e predicadas por pais pasionistas. No centro, o entón párroco da localidade David Prieto Madarnás. Rostros de homes e mulleres que me son moi familiares e entrañables. Boa parte, por non dicir case todos, xa na memoria.