Saltar ao contido principal

ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA.

 



ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA.


26 DE FEBREIRO DE 2025


ASISTENTES: Voceiro Nacional, Plataformas de: Vigo, Pontevedra, Compostela,

Salnés, Val Miñor, Seixo-Marín, Ferrolterra, Barbanza, Redondela e Sanxenxo. CCOO,

CIG. BNG, Podemos Galicia. Isa. Juan Jesús Rozas Neira.

Desculpan non asistencia: A Voz da Sanidade de Cangas e a Plataforma da Mariña

Asociación Psic.

ACORDOS:

Buscar apoios institucionais á manifestación.

1.- Os partidos da Plataforma enviarán a todolos Concellos e Deputacións gobernados

por partidos de esquerda, os textos para presentar mocións nos plenos (caso de non

poder facelo por falta de tempo promover declaracións institucionais. Xa están

presentadas na Deputación da Coruña e Concello de Santiago).

2.- Cada Plataforma pedirá apoio municipal para organizar actos informativos e de

apoio á Manifestación, para que poñan os medios para proporcionar buses en cada

localidade.

3.- Buscar apoio do persoal sanitario:

 Enviar ás organizacións profesionais unha carta para que apoien á Manifestación

(xa esta enviada por Xosé María Dios).

 Os Sindicatos da Plataforma promoverán a adhesión das Xuntas de Persoal en

toda Galicia.

 O oerzamento será esencialmente para cuñas de radio desde 15 días antes e

pancartas.

 Propoñer aos partidos e sindicatos da Plataforma unha achega de 500 euros.

 Organizar un crowfunding para buscar achegas económicas da poboación

(diferentes cantidades: 5-20-50-100-200...), haberá un pequeno presente para

quen o solicite. O mínimo para conseguir serian 2.500 euros, aínda que non hai

problemas para recadar mais fondos (Organizan Isa Rei e Mari Camiña).

Actividades informativas:

 Organizar actos informativos e debates sobre a situación e os problemas sanitarios

de cada localidade: convidar ás organizacións veciñais, sociais, de pacientes, etc.

 Solicitar reunións informativas con alcaldes, concelleiros, Xuntas de Persoal, etc.

 Poñer mesas informativas nas rúas para repartir os folletos e animar a participar.

 Organizar reparticións dos folletos en centros sanitarios e espazos públicos.

Convocar unha mobilización en toda Galicia preparatoria da Gran Manifestación

do 6 de abril:

 Día 26 de marzo ás 20 h. (podería ser a outra hora segundo as circunstancias

concreta de cada localidade).

 Convocar concentracións, peches, actos informativos.....diante dos Centros

Sanitarios ou Prazas principais, en base aos problemas sanitarios de cada

localidade e que anuncien a Manifestación do día 6 de abril.


 Organizar roldas de prensa informativas destes actos e da manifestación en cada

localidade.

Loxística:

 Palco e megafonía: Concello de Compostela.

 Lectura Manifesto: pendente da chegada de propostas concretas.

 Música: Grupo De Ningures.

 Manifesto: Borrador elaborado polo Voceiro e sometido a aprobación da

Plataforma.

 Encabezará a Manifestación a Pancarta de SOS de Galicia, seguida das pancartas

das Plataformas de cada localidade, sindicatos, xuntas de persoal e partidos.

Acordouse celebrar unha nova Xuntanza en liña: o 13 de marzo ás 17,30

(enviarase previamente o enlace (esperemos que mellor que o último).

Manuel Martin. Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.