Saltar ao contido principal

10 DE MARZ0 Día da Clase Obreira Galega

 


Propoñémonos difundir e dinamizar nestas datas o Día da Clase Obreira Galega, un acontecemento histórico que conmoviu a toda Ferrolterra e tiva unha importante repercusión na opinión pública mundial.

A mostra 10 DE MARZO DO 72, A MIRADA ARTÍSTICA DE XAIME QUESSADA, éunha selección de reproduccións que sumadas á guía didáctica que as acompaña, permítennos valorar i entender o compromiso do artista e do movemento obreiro naquela aventura que foi a da loita heroica polas liberdades e a democracia en plena ditadura franquista.

Xaime Quessada, un dos grandes nomes da historia da arte contemporánea, foi un artista de gran capacidade expresiva que se situo críticamente ante o seu tempo poñendo a súa pintura ao servizo da ética como forma de estar presente no mundo.

A exposición está dende o 21 de febreiro ata o 16 de marzo na Sala de Proxectos de Centro Torrente Ballester.