Saltar ao contido principal

Unha mostra de fotografía lembra os esquecidos de Gaza

 'Gaza: o eco dos esquecidos', incluída no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, poderase visitar até o 31 de marzo.


A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Universidade de Santiago (USC) inauguraron esta segunda feira, no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, a exposición Gaza: o eco dos esquecidos na Igrexa da Universidade.

xenocidio de Gaza está a ser tendencia nos últimos meses, por non dicir anos. Desde a maioría dos medios tradicionais dispúxose unha barreira á hora de mostrar a información e converteuse nunha guerra discursiva de dous bandos cunha clara desigualdade entre eles, na que o gran público queda cos “ecos”, as pequenas pinceladas que se mostran nos informativos e sen coñecer en profundidade a realidade dun conflito que está a acabar cun pobo enteiro.

Esta exposición presenta a realidade dun xenocidio en Gaza a través da perspectiva de tres reporteiros gráficos gazatís que documentan os actos do exército israelí desde dentro, dando unha visión real sobre os crimes contra a humanidade. Esta exposición tamén busca destacar as vítimas, os esquecidos, os seres humanos con nome e apelidos que en moitas ocasións só atraen a atención dos medios de comunicación de masas, mostrando a súa vida cotiá e o impacto real do masacre nas súas vidas.

Pola mañá celebrouse unha visita guiada para os medios de comunicación, dirixida polos comisarios da mostra Cibrán Meléndez Cabo e Estela Pintos Tourón; e ás 19 horas tivo lugar o acto oficial de inauguración ao que asistiron o reitor da USC, Antonio López Díaz; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González Rodríguez; o profesor de Economía Aplicada da USC e experto en xestión cultural e economía da cultura, Fco. Javier Sanjiao Otero, que presentou a Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Cultura; e o comisario da mostra, Cibrán Meléndez Cabo.