A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática amosa a súa satisfacción pola celebración, hoxe, da primeira reunión do Consello Municipal da Memoria no Cencello de Narón. Estivo presidido pola Concelleira de Participación Cidadá Olga Ameneiro en representación da Alcaldesa e asistiron os voceiros dos Grupos Municipáis, o Presidente da nosa Asociación, Manuel A. Fernández Pita e os historiadores Xosé Manuel Suárez e Enrique Barrera.
Tratóuse, na sesión inicial deste órgano asesor, facer un estudo das denominación do rueiro e das distincións outorgadas en tempos pasados polo Concello por se houbera algún caso susceptible de cambio de nome, ou improcedente, atendendo á actual Lei de Memoria Democrática
Tamén acordouse elaborar unha proposta, a decidir nun vindeiro Pleno Municipal, para considerar como posibles Lugares Emblemáticos da Memoria os Cemiterios de O Val, San Mateo e San Xiao, o monumento á Revolta Popular de 1918, ubicado en Sedes e o lugar en Cornido onde a familia Díaz Corral acolleu a tantas persoas perseguidas pola Ditadura.
Lembramos que a proposta de poñer en funcionamento os Consellos Municipáis da Memoria está fructificando en varios Concellos da Comarca e que agardamos sexa tamén realidade, a non tardar, un Consello da Memoria de Galicia.
Foto do Concello de Narón.