🎙️📺 Presentación da Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade #ASGADeD
🙌🏾Integrada por persoas de diversas contornas sociais e profesionais, preocupadas polas estratexias da #XuntaDeGalicia para converter o Sistema Público Galego de Dependencia nun Sistema de Beneficencia “Low Cost”
🗓️ Mércores 26 de febreiro
📍 Portas Ártabras (#ACoruña)
⏰ 19.30h.
✅A #ASGDeD procura avanzar na construción dun forte movemento social amplo, plural e transversal, que mobilice á sociedade galega e lles exixa ás administracións públicas un compromiso real para conseguir a creación duns servizos sociais da dependencia e discapacidade de calidade , e que cubran as necesidades reais das persoas dependentes, e que ademais, se caractericen por ser de financiamento, titularidade, xestión e provisión 100% públicas.
ℹ️Máis información: https://asgaded.gal/
#SenCoidadosNonHaiDignidade
#XuntasSomosMáisFortes
#LoitasPolaVida
#MedioRuralVivo