Dende a Asociación Cultural Fuco Buxán apoiamos a iniciativa de nomear fillo adoptivo de Lugo ao Dr. Rafael de Vega
pola súa tarefa a prol das persoas máis necesitadas ata perder a súa vida polos seus valores e conviccións.
Tamén apoiamos a iniciativa de nomear fillo adoptivo de Lugo a D. Xesús Alonso Montero polas súas innúmeras
actividades en defensa de Galicia, do seu idioma e da súa cultura ao longo da súa vida tanto na etapa democrática
como nos escuros tempos da ditadura franquista.
Ferrol, 18 de febreiro de 2025