Descubrimento da placa que da nome a “AVENIDA DO MAR RAFAEL PILLADO”
ÁLBUM FOTOGRÁFICO DO CONCELLO DE FERROL. Fotógrafo: Agustín Borrajo.
https://drive.google.com/drive/folders/1KQ_H5JkUep-BiJ4d9ONBDecj2TWydPPM?usp=sharing
Na tarde de onte, nun emocionante acto, organizado polo Concello de Ferrol para facer realidade a
aprobación plenaria por unanimidade a solicitude das Asociacións Fuco Buxán, Memoria Histórica
Democrática, AGAVIDA e Veciñal de Caranza, en lembranza do sindicalista, político, activista social e
cultural e entrañable amigo Rafael Pillado Lista.
Participaron no acto, ben arroupado de xente amiga e compañeira, a pesar das inclemencias do tempo
que nos deu un respiro, tres membros da Banda Municipal que interpretaron varias composicións
musicais, escoitamos o poema “Rafael Pillado e o Mar” de José Torregrosa, lido por Fernando Ocampo
e as intervencións de Susana Alaníz presidenta de Fuco Buxán en nome das catro asociacións citadas
, Raúl Pillado, irmán de Rafael, en nome da familia e o Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela
pechou o acto que contou ademais co descubrimento da placa polo Alcalde e Martina, neta de Rafael e
as ofrendas florais de Alcalde e familia, Grupos Municipais e A. VV de Caranza
Parabéns a todas e todos e un agradecemento especial ao Departamento de Protocolo do Concello polas
súas atencións coas nosas Asociacións.