M. Martin. Voceiro
Video convocatoria Manifestación SOS Sanidade Vigo 16 de xaneiro. a distribuir nas Redes Sociais
En 4 minutos nos resume a orixe dos problemas actuais da sanidade na área de Vigo, como por exemplo a inexplicable decisión de utilizar un modelo de concesión privada para a construcción e xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro, que supuso un sobrecusto de 1350.000.000€ e que costa 150.000.000€ ao ano para pagar a concesión privada.
Isto significa que os cartos que quedan para cubrir as necesidades de atención primaria son totalmente insuficientes, incumplindo as indicacións da Organización Mundial da Saúde (xa que non chega nin a metade do que indica a OMS), deixando os centros de saúde sen cubrir os servicios mínimos o que provoca o colapso permanente das urxencias hospitalarías.
https://vimeo.com/1045944335?
Resumo do acordado na xuntanza do 8 de xaneiro de 2025, da Plataforma da CRTVG (Liberemos a Galega)
1. Convocar unha CONCENTRACIÓN o 28 de xaneiro do 2025, as 11 horas, no Parlamento de Galicia. Pode asistir quen o considere e a Plataforma SOS estará representada polo seu voceiro.
2. Recollida de sinaturas para a ILP que se presentará no Parlamento: o martes, 14 de xaneiro en Compostela, en horario e lugar a decidir.
3. O lema da concentración será: “POR UNS MEDIOS PÚBLICOS AO SERVIZO DO POBO. NON A MANIPULACIÓN DA TVG E DA RG”.
Avisamos ás Plataformas, que teñen os PREGOS, nas sedes da CIG (quedamos en recoller 3 pregos cada Plataforma, que supoñen 90 sinaturas). Deben recoller as sinaruras e entregalas na sede da CIG, despois de incorporar os pregos no Doodle co enlace: https://docs.google.
Debemos actualizar os datos cada 15 días. Temos de tempo de recollida, ata a primeira semán de abril do 2025. Avisade o voceiro de SOS do que vades facendo...