Saltar ao contido principal

Resumo de acordos reunión Eólica Así Non do 7 de xaneiro: mobilización 26 xaneiro, webinar, esrito de peticións

 



ADEGA-Organizacion eolicaasinon@lists.riseup.net

Adjuntosmar, 7 ene, 21:22 (hace 1 día)


Saúdos!  A continuación indícanse os acordos que foron tomados na reunión da Coordinadora "Eólica Así Non" celebrada no día de hoxe, 7 de xaneiro, en relación á mobilización do 26 de xaneiro e os demais temas que estaban na orde do día.

A asistencia a esta xuntanza foi baixa, de 11 colectivos, agardando que unha vez superadas as datas festivas, academos maior participación.

Asistiron: Maruxa Blanco (Coletivo do Vento), Manoel Dacal (Fruga), Manolo Muñiz (Lugo), Susana Méndez (CIG), Erik (Xurés-Celanova), Alicia Pardo (Rede do Rural e Roxín Roxal), David (Alto Miño), Moncho Millán (Morrazo), Helio (Ortegal di Non), Belén Rodríguez (ADEGA) e Cristóbal (EeA).

Hora comezo: 19:30 horas

Hora remate: 20:30 horas

RESUMO DE ACORDOS

1. Mobilización 26 xaneiro

As plataformas de afectados presentes comunican os lugares e tipo de acción que pretenden desenvolver o vindeiro 26 de xaneiro: 

-Na provincia de Ourense, concentración + marcha en Cartelle ou Vilamarín (por determinar).

-No Morrazo: concentración diante do concello de Marín, ás 12:00 horas.

-Campo Lameiro/Moraña: andaina pola tarde (sen concentración). Tamén se está pensando nunha actividade cultural complementaria. As plataformas convocantes serían Amil sen eólicos, colectivo do vento, Alarma Terra de Montes...

-Ortegal: posible andaina pola comarca con remate na subestación. Estarían convocados a participar todos os concellos.

-Fronte o edificio da Xunta de Lugo. Convocatoria provincial, a non ser que emerxan propostas na comarca dos Ancares-Fonsagrada e outras.

Acórdase tamén establecer contacto con outras zonas (Suído, Ancares, Poio, A Baña ou Val do Dubra...) para ver as posibilidades de organizar actos reivindicativos na data do 26 de xaneiro. En todo caso, alentamos ás organizacións e plataformas a organizar na súa zona unha concentración, marcha ou andaina ou calquera outra acción mobilizadora. En caso de que así o decidan, rogamos o comuniquen ANTES DO 14 DE XANEIRO a través deste fío para que estes actos poidan ser engadidos ao cartaz das diferentes convocatorias. A tal efecto, solicítase:

-Lugar da convocatoria, ámbito (local, comarcal, provincial), hora e tipo de acto.

En canto á difusión da convocatoria, a CIG revisa se pode encargarse da elaboración do cartaz, para que no posible estea listo o vindeiro martes 14 de xaneiro, data na que terá lugar a vindeira xuntanza da Coordinadora. Valorarase daquela se convocar rolda de prensa ou difundir a convocatoria a través dun comunicado. 

Prevese que as entidades e plataformas locais reforcen o envío do comunicado e convoquen aos medios locais o propio día da mobilización ao lugar dos actos.

2. Webinar técnico-xurídica

Será o sábado 18 de xaneiro, de 11 a 14 horas da mañá en formato telemático. Fica por concretar a forma de acceso á sesión, a cal se especificará na vindeira xuntanza, así como a programación de contidos. Haberá espazo para que as persoas e colectivos asistentes formulen as súas consultas. 

Recoméndase que as preguntas se leven xa preparadas á xuntanza para poder aproveitar o máximo posible esta sesión de traballo. 

3. Escrito de peticións ao Parlamento

Adxúntase de novo. Debemos procurar que sexa presentado polo maior número de colectivos, plataformas, organizacións e persoas particulares, ben en sede electrónica (https://sede.parlamentodegalicia.gal/carpeta-cidadan/app/loginsede/vude), ben de forma presencial en calquera rexistro público, formen ou non parte da Coordinadora Eólica Así Non.

En todo caso, sería conveniente que cando menos aquelas entidades que participamos activamente na coordinadora presentemos o escrito antes do vindeiro 21 de xaneiro. Nesa data, deberíamos ter coñecemento de cantos colectivos e/ou plataformas que integran a coordinadora Eólica Así Non tiveran presentado o escrito diante da Comisiión de Peticións do Parlamento galego.

Fica para falar na vindeira xuntanza, se vemos acaído escenificar no rexistro do parlamento a entrega de escritos, facendo coincidir este acto cos días previos á mobilización do 26 de xaneiro. Convén por tanto que na vindeira reunión  (14 de xaneiro) xa poidamos ter coñecemento dos escritos que foran presentados. 

4. Varios

Alicia Pardo solicita información sobre o PE Satrebares proxectado nas Mariñas coruñesas, exposto publicamente hai 2 días para alegacións. Non se dispón de máis información que a que foi feita pública.

5. Próxima reunión

Terá lugar o vindeiro martes, 14 de xaneiro ás 19:30 horas, na seguinte ligazón: 

 
ID de reunión: 848 9783 2568
Código de acceso: 921967

Que 2025 nos traia moita forza! Que loita non esmoreza!! 

Aperta forte.

Belén

COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON

--
_____________________________________________________
 
Belén Rodríguez Fernández
Secretaria Executiva