Saltar ao contido principal

🎄 NO NADAL TAMÉN ENFERMAMOS🎄

 🎄 NO NADAL TAMÉN ENFERMAMOS🎄 NO CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN HAI CUPOS CUNHA ESPERA MEDIA PARA CONSULTA DE 12-15 DÍAS 😤



❌ Chegounos denuncia dunha veciña pola demora inxustificable da cita en Marín para consulta TELEFÓNICA cunha espera, neste caso, de 12 días. 


😱 Segundo puidemos saber, nestes primeiros días do ano, no Centro de Saúde de Marín, hai cupos cunha media de espera para consulta de entre 12-15 días. Como hai médic@s que colleron os días que tiñan pendentes de vacacións do ano pasado acumúlase retraso de mínimo dunha semana, cando non de dúas.


👩🏼‍⚕️ Grazas á política da Xunta de NON CUBRIR o persoal, aumentan os problemas para atender as necesidades sanitarias da veciñanza 😷🤕🤧🤢 e satúranse as urxencias do PAC e de Montecelo nun período de moitas enfermidades respiratorias.


🤝Isto pasoulle a esta persoa pero mañá pode pasarche a ti e animámoste a denuncialo. Na Plataforma seguiremos axudando a calquera veciñ@ e a denunciar os recortes da Xunta na sanidade pública porque 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔 💪🏽


https://www.facebook.com/share/1F1QvTGHTk/