Saltar ao contido principal

NARÓN: ACTOS DO DÍA MUNDIAL DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO.

 



Memoria Histórica Democrática

21:32 (hace 1 hora)
para Asociación, bcc: 
NARÓN: ACTOS DO DÍA MUNDIAL DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO.
O vindeiro lúns 27 de xaneiro, conmemórase a Día Mundial das Vítimas do Holocausto e con tal motivo a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática colabora nunha serie de actos organizados polo Concello de Narón que detallamos a continuación:
Exposición “Galegos en Mauthausen” na Biblioteca de Narón
A nosa Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” estará na Biblioteca Pública Municipal de Narón, desde ás 17 h deste lúns, 20 ate as 13 h do sábado 1º de Febreiro.
Son 40 imaxes que amosan as duras condicións de vida no campo nazi de exterminio e os documentos de españois e españolas que foron prisioneiros ou sucumbiron nel.
Horario de visita: Lúns a venres de 17 a 20 h. Sábado de 10 a 13 h.
A exposición, en colaboración coa Biblioteca e Concello de Narón, é aberta a toda a cidadanía.
Os centros escolares, asociacións ou grupos particulares podedes solicitar unha visita guiada á mostra chamando ao teléfono da Biblioteca, 981382173, en horario de apertura.
Colaboración co CPR Santiago Apóstol de Narón
A Asociación impartirá una charla-coloquio para o alumnado deste centro educativo, que o día 27 asitirán a uhna visita guiada da Exposición para logo no salón de Plenos do Concello participar na Cerimonia de encendido das candeas que representan a cada colectivo das vítimas do Holocausto.