Depositamos onte tamén unhas flores e unha lembranza no monolito fronte ao antiguo Concello de Serantes ao que fora o derradeiro Alcalde republicano, Alejandro Porto Leis e os seus tres compañeiros, paseados na Praia da Frouxeira o 3.02.1938.
Alejandro Porto Leis (1887), alcalde de Serantes por Izquierda Republicana, permaneceu agochado ata principios de 1938, que estando enfermo acudíu ao médico e este o denunciou, sendo detido e paseado en Valdoviño con Modesto del Río, armador de San Xurxo, Jesús Miño labrego, de e Avelino Landeira, de Santa Mariña, operario da Constructora, as persoas que lle deran apoio. Alejadro era electricista e poeta, casado e con tres fillas pequenas.