Prezadas compañeiras/ Prezados compañeiros:
Desde a Asociación Galiza por Palestina, en representación das organizacións colaboradoras na edición do libro “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina”, temos o pracer de convidarvos á presentación deste fermoso traballo solidario. O evento terá lugar o vindeiro sábado, 18 de xaneiro, ás 11:30 h. no Auditorio co Museo do Pobo Galego, en Compostela.
Neste acto contaremos coa presenza e intervención de autoras colaboradoras neste fermoso traballo colectivo e solidario e coas actuacións de César Morán e Guadi Galego.
Agardando contar coa vosa presenza, recibide un saúdo solidario.