Saúdos, achego resumo de acordos da xuntanza da Coordinadora Eólica Así Non, mantida hoxe martes, 14 de xaneiro en formato telemático.
RESUMO DE ACORDOS
1, Mobilización 26 xaneiro
1.1. Lista de convocatorias
Complétase a lista de convocatorias de mobilización para o 26 de xaneiro, deixando ata mañá 15 de xaneiro ata as 13:30 horas (como hora límite!!!) para engadir á lista máis convocatorias. Ata o momento hai 8:
-Cartelle. Concentración na Alameda, ás 12:30 h.
Ámbito: provincial. Haberá unha marcha anterior á concentración. Se fai falta algún dato máis: 657231402 (Erik).
-Val do Dubra. Concentración diante do Concello de Bembibre, ás 12:00 h.
Ámbito : Comarcas de Santiago, A Barcala, Xallas, Muros, Fisterra, Soneira, Bergantiños e Ordes.
Haberá un pequeno percorrido polo centro de Bembibre. Ver mapa apegado.
Corte da Estrada DP-1914 (Santiago de Compostela a Carballo ), en Bembibre, desde a rúa Arcai nº 72 (intersección con rúa Corredoira) ata a rúa Arcai 31.
-Ortigueira. Andaina a Pena Ouseira. Saída no Bar A Rodela, ás 11:00 h.
Ámbito: comarcal. O Bar A Rodela está na estrada Ortigueira-As Pontes.
-O Morrazo. Concentración diante do Concello de Marín, ás 12:00 h.
Ámbito: comarcal. Despois da concentración en Marín, acudirase a apoiar a convocatoria en Pontevedra ás 13:00 horas. Encárganse na comarca da comunicación á subdelegación da súa concentración.
-Pontevedra (capital). Concentración na Praza da Peregrina, ás 13:00 h.
Ámbito: comarcal.
-Campo Lameiro (Pontevedra). Andaina. Saída na Escola de Couso, ás 16:00 h.
Ámbito sen especificar. Convocantes: Amil Sen Eólicos, Alarma Terra de Montes, Monte Xesteiros sen Eólicos e Colectivo do Vento. Pendentes da confirmación de permisos das comunidades de montes.
-Sarria (Lugo). Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 12:00 h.
Ámbito: Comarcas de Ancares de Lugo, Courel e Ribeira Sacra.
Farase unha pequena marcha en Sarria: Saída desde Cruce Catro camiños, Rúa Liberdade, Rúa Diego Pazos, Rúa Matías López e remate na Praza da Vila (na mesma Rúa Matías López).
-Lugo (capital).
Ámbito, hora e lugar por concretar (!!).
1.2. Comunicación á subdelegación do goberno
A CIG comunicará as concentracións e marchas á Subdelegación, agás no caso do Morrazo.
1.3. Cartaces
Haberá un cartaz xeral ou común con todas as convocatorias para difundir por redes sociais,
Acórdase tamén elaborar un cartaz específico para cada zona. A CIG encargarase de elaborar os de O Morrazo e Sarria. O resto de cartaces serán elaborados a partir do cartaz xeral polas plataformas locais.
1.4. Comunicado de prensa
O xoves 16 de xaneiro enviarase aos medios de comunicación o cartaz xeral + comunicado da mobilización.
Este comunicado poderá ser replicado e completado coa situación local nos medios locais por parte das plataformas locais.
Prevese que as entidades e plataformas locais reforcen o envío do comunicado e convoquen aos medios locais o propio día da mobilización ao lugar dos actos
2. Escrito de peticións ao Parlamento
Presentados e comunicados a día de hoxe por: Amigas da Terra, ADEGA, Amigos de Amigos de Patrimonio de Castroverde, Plataforma Afectados de Castrove, Vento Libre, Ecoloxistas en Acción Galiza, ASVEVECO, PROMACER, Cerdido di Non, Ortegal di Non, Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, Plataforma Alto Miño.
Lémbrase que o 21 de xaneiro sería o día límite para rexistralo e que, unha vez rexistrado, se comunique á coordinadora Eólica Así Non.
En caso de que nos rexistros públicos poñan reparos para a presentación do escrito, dirixirse ao Rexistro Xeral ou á consellaría de Presidencia a través da sede electronica da Xunta. Lembrade que tamén se pode presentar pola sede electrónica do propio Parlamento de Galicia, na seguinte ligazón: https://sede.
Apegamos de novo o documento a este mail.
3. Webinar técnico-xurídica
Mañá, mércores 15 xaneiro, enviarase por correo formulario de subscrición. Posteriormente, enviarase a ligazón de acceso á webinar áos colectivos e persoas subscritas.
A webinar será este sábado 18 de xaneiro, ás 11 horas da mañá en formato telemático.
Contidos:
-Panorámica xurídica actual da eólica en Galiza.
-Últimas modificacións normativas na Lei Eólica de Galicia e aplicación.
-Tramitación abreviada dos proxectos eólicos competencia do Estado
4.Varios
En mobilizacións futuras contar coa plataforma na defensa dos recursos mariños, para procurar extender as convocatorias ás costas.
5. Próxima reunión
Será o vindeiro martes, 21 de xaneiro, ás 19:30 horas, en formato telemático. Será a derradeira xuntanza antes da mobilización para pechar as cuestións pendentes (manifesto, envío de imaxes e nota de prensa da propia xornada…).
Tema: Coordinadora Eólica Así Non 21.01.2025
Hora: 21 ene 2025 07:30 p. m. Madrid
Únase a la reunión de Zoom
https://us02web.zoom.us/j/
ID de reunión: 847 6036 9256
Código de acceso: 845480
Aperta forte.
Belén
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON