A crise da imaxinación
(10 interesantes episodios, non os perdas)
Mentres as nosas series e películas de ciencia ficción divírtennos con historias apocalípticas, moitas das peculiaridades da ciencia ficción (os mundos desertizados e inundados, xestionados por tecnocorporacións e intelixencias artificiais) tamén aparecen nos nosos informativos e redes sociais.
Neste contexto distópico parece que hai que escoller entre colapso económico ou ecolóxico, coma se non houbese xeito de xerar emprego e redistribuír a riqueza sen destruír o planeta.
Menos mal que hai miles de movementos traballando para construír outro posible futuro. Economías locais, circulares e de ben común, deseño rexenerativo, biomateriais, permacultura, códigos libres e abertos, democracia participativa, son algunhas das moitas ideas e ferramentas que temos para deseñar alternativas.
Esta é a historia dalgunhas das persoas e movementos inspiradores que traballan todos os días para construír un futuro rexenerativo, alimentando un mundo con fame, empregando millóns de persoas, redistribuíndo a riqueza e curando ecosistemas ao longo do camiño.
https://elfuturoimposible.org