O Goberno español aproba un novo decreto ómnibus, coa alza das pensións e as axudas ao transporte, tras pactar con Junts
A norma chega despois de que PSOE e Junts acordasen salvar parte das medidas incluídas no decreto ómnibus, a cambio de que o Congreso tramite a proposición non de lei de Junts que insta o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a someterse a unha cuestión de confianza.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou esta terza feira que o Consello de Ministros e Ministras aprobou un novo real decreto lei 'ómnibus', que inclúe 29 medidas como a revalorización das pensións e as axudas ao transporte, tras chegar a un acordo con Junts.
https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/goberno-espanol-aproba-novo-decreto-omnibus-co…