El alcalde apoya la manifestación de la plataforma en defensa de la sanidad pública
Reunión con Alcalde de Vigo
A hemeroteca mostra como Nuñez Feijoo utilizou a mentira para xustificar a privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo: A hemeroteca mostra como Nuñez Feijoo utilizou a mentira para xustificar a privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Núñez Feijoo nunha entrevista de outubro do 2011 intentou xustificar a privatización e a asignación á empresa Concessia do financiamento, construción e xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro, con unha sarta de mentiras que pódense demostrar grazas á hemeroteca
1.- O Hospital nunca foi a maior obra sanitaria de España, dado que ademais da redución de máis do 25% da superficie prevista, suprimíronse os Pavillóns de Investigación, Docencia e o Hotel de Pacientes
2.- Asegurou que o hospital mantería as 1465 camas do Plan Funcional e logo reduciunas a 1.239 e finalmente a 845; os quirófanos pasaron de 35 a 24 ou as salas de Salas Radioloxía de 62 a 32. Estes tixeretazos foron perpetrados pola empresa privada unipersoal Efficientia Clinical, contratada pola Conselleria de Sanidade e financiada pola propia empresa concesionaria, para redactar o proxecto definitivo de hospital e satisfacer os intereses da Concesionaria.
3.- O Hospital nunca foi referente para o Sur de Galicia en Cirurxía Innovadora como consecuencia dos recortes dos servizos de Cirurxía: Torácica, Neurociruxía, Plástica, Pediátrica, Cardioloxía Intervencionista, Cirurxía Cardíaca e Oncoloxía Radioterápica (os 300.000 habitantes da área Pontevedra Norte que estaba previsto atender en Vigo pasaron a depender do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). Ao mesmo tempo POVISA mantivo os servizos de referencia de Cirurxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados que deberían pasar ao Cunqueiro
4.- Tampouco se desenvolveron os novos Centros de Atención Primaria nin os Centros de Alta Resolución previstos.
Píllase antes a un mentireiro que a un coxo
Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública