Saltar ao contido principal

A morte de Mimí Areal en 1936

 




Memoria Histórica Democrática

Adjuntos16:43 (hace 3 horas)
para Asociación, bcc: 

A morte de Mimí Areal en 1936.

ENLACE AO VÍDEO:

https://drive.google.com/file/d/1EoXNWG8u8NwfHsvK8vkXUfV7btPY1Za8/view?usp=sharing

Ao producirse en Ferrol, o lúns 20 de xullo de 1936, o Golpe Militar contra a República, nos enfrontamentos, dentro do Arsenal contra as clases e mariñeiros e nas rúas da cidade, coa poboación civil que intentaban frear a sublevación, prodúcense ao redor de 27 mortos e un cento de feridos.

MARÍA VICTORIA AREAL RODRÍGUEZ, Mimí, unha rapaza de 16 anos que o día 20 se aproximou á galería, ao escoitar o tumulto na rúa, resultou ferida por un disparo das tropas de artillaría, falecendo ao día seguinte.

No ano 2014, o seu irmán Jenaro Areal (d.e.p.), testigo presencial, aos seus 14 anos, gravaba, acompañado da súa muller Alicia, a narración do suceso respondendo ás preguntas da súa filla Marisa Areal Vila.

Agradecemos á familia Prego-Areal-Vila, este importante e emocionante testemuño daqueles tráxicos sucesos. Tamén ao historiador Xosé Manuel Suárez pola súa colaboración.


--
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
en Instagram:  @MHD_Ferrol