| 17:09 (hace 1 hora) | |||
O 22 de novembro pasado a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, tras a visita aos arquivos do Baluarte, mantivo a reunión que tiñamos solicitada co Secretario Xeral do PS de G-PSOE, Xosé Ramón Besteiro, no Local dese Partido en Ferrol. En dita reunión se trataron temas relativos a Memoria Histórica Democrática, como a conservación e dixitalización na nosa cidade dos Arquivos Militares e a creación do Consello Galego da Memoria Democrática.
Fruto desta reunión o Grupo Socialista acaba de presentar no Parlamento Galego una pregunta e unha proposición.
Resumo das mesmas:
Pregunta: ¿Vai este goberno constituír o Consello da Memoria Democrática de Galicia
como xa fixeron outras CC.AA?
Proposición: O Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a constituír, de forma consensuada cos grupos políticos con representación parlamentaria, o Consello da Memoria Democrática de Galicia, como un órgano colexiado, permanente, de participación e de carácter técnico e consultivo, con
representación plural da Comunidade, adscrito á Consellería da Presidencia (ou a aquela competente en Memoria Democrática) para o asesoramento, a información, o debate, o estudo e as propostas na defensa e promoción dos dereitos humanos, ao redor da recuperación da memoria democrática e a súa difusión e o recoñecemento institucional e social das persoas asasinadas, desaparecidas, perseguidas e represaliadas durante o Golpe militar, a Guerra e
a Ditadura Franquista, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Agradecemos ao PS de G – PSOE e ao seu Secretario Xeral a ´consideración e posta en marcha da nosa proposta.