Human Rights Watch denuncia o xenocidio de Israel na Faixa de Gaza.
O Exército sionista sostivo que o mísil foi interceptado e que a metralla destruíu un edificio escolar na cidade. Sexa como for, a censura militar vixente en Israel impediu que fontes independentes verificaran esa afirmación.
Tras o alto o fogo entre Israel e Hezbolá, o único actor externo que está a presentar resistencia desde a perspectiva militar ao xenocidio en Palestina son os hutís no Iemen, que tamén bloquean o paso de buques relacionados cos sionistas polo mar Vermello
En paralelo, a entidade en defensa dos dereitos humanos Human Rights Watch acusou Israel de “exterminio e actos de xenocidio” en Gaza por impedir o acceso a auga da súa poboación, concluíndo que milleiros de persoas morreron por deshidratación e doenzas asociadas nun xenocidio que matou máis de 45.000 persoas, arredor de 40% crianzas, desde outubro de 2023.
Pola súa parte, o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, instou o resto de países de maioría de poboación musulmá a impor un embargo de armas e comercial a Israel.
Con todo, a toma de Siria por xihadistas apoiados por Turquía supuxo un duro golpe para o Eixo da Resistencia contra Israel, que tiña no Goberno de Bashar al Assad un dos seus principais valedores.
Abu Mohammad al Golani, líder dos xihadistas, incidiu en que tamén é unha “vitoria” do pobo turco, e en que non esquecerán a “amabilidade de Turquía”.