Saltar ao contido principal

Opinión A discriminación é o principal motivo que deteriora a calidade de vida das persoas que viven con VIH

 

Acaso a cidadanía non ten sobradas razóns para ser despectiva cos suculentos erros da clase política que di representarnos no parlamento estatal? Todas esas repulsas cívicas que manifesta a maioría dos medios de comunicación, que contemplan e abordan ese cúmulo de comportamentos incívicos que fan alongar a falta de empatía dunha cidadanía normal, cansada de contemplar ese modelo de comportamentos por parte deses anticuados e nefastos representantes tan repletos de ambigüidades e de nefastas ambicións partidistas que anulan os nobres sentimentos democráticos da cidadanía.

O VIH é un virus que vai infectar a células do sistema inmune ca súa consecuente destrución pudendo chegar a desenvolver o “Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida” é dicir, a SIDA. Isto significa que non toda persoa con VIH desenvolve a SIDA. É máis, grazas ao arsenal terapéutico actual este síndrome cada día é máis difícil de ver e as persoas que viven con VIH teñen unha vida plena e con calidade de vida similar á das persoas que non teñen o VIH. E digo ben, falamos de “persoas que viven con VIH” para eliminar o compoñente negativo asociado ao uso de persoas infectadas. Igual que falamos de transmisión para reducir a carga asociada á palabra contaxio. Así, utilizar as palabras da forma máis axeitada axuda a contribuír a reducir o estigma e con elo a discriminación.

En 2016 publícase un artigo científico que me parece fundamental mencionar. Neste traballo realízase o seguimento de 1166 parellas serodiscordantes, é dicir, na que unha persoa vivía con VIH e a outra non. Neste caso, a persoa da parella que vive con VIH estaba indetectábel grazas ao tratamento antirretroviral. Pois ben, durante o tempo estudado non se demostrou a transmisión da infección de ningunha parella. É máis, realízase un novo estudo enfocado na poboación de parellas gay e chégase á mesma conclusión. É dicir, unha persoa que vive con VIH non transmite a infección por vía sexual se está en tratamento antirretroviral e con carga viral indetectábel. Por isto, decimos que Indetectábel = Intransmisíbel.
Evidentemente, estes traballos reduciron a carga mental das persoas que viven con VIH. Podían sentirse seguras de non transmitir a infección a persoas do seu entorno. Coñecer isto axúdanos reducir os reparos que podan ter algunhas persoas para ter unha relación de igual a igual con estas persoas.

Ademais, se normalizamos a infección por VIH asimilándoo a outras enfermidades que non teñen esta carga de estigma como a hipertensión arterial ou a diabetes mellitus poderíamos conseguir chegar antes ao diagnóstico da infección. É máis que evidente, que existe unha gran carga de preocupación á hora de realizar un test de VIH polo medo ao resultado e isto ten unha relación directa cos diagnósticos tardíos e desenvolvemento da SIDA.

É importante remarcar que todas as persoas debemos realizar un test de VIH aínda que sexa unha vez na vida e que, se existe algunha situación de risco relacionada ca infección como pode ser a práctica de relacións sexuais sen preservativo, se valore a realización de test periódicos de VIH. Tamén coñecer que na carteira de servizos do SERGAS existe un programa de prevención do infección por VIH na que a principal ferramenta é a PrEP, un tratamento antirretroviral cunha eficacia moi elevada para evitar a infección.  Insistir unha vez máis no método máis clásico e efectivo de prevención do VIH, o preservativo.

Non quero deixar de sinalar que a discriminación asociada ao VIH é interseccional xa que, de forma clásica, asóciase aos homes que teñen sexo con homes, persoas migrantes, prostitución, consumo de drogas ou clase social. Como sociedade temos que avanzar na eliminación de todo tipo de discriminación porque é a mellor maneira de coidarnos e conseguir desenvolvernos de forma que non quede ninguén atrás.

Non podo finalizar este breve texto sen agradecer ás que atendo en consulta e que coa súa capacidade de resiliencia ensínanme que somos capaces de superar calquera obstáculo.